Casal de Armán
Na actualidade Casal de Armán posúe preto de vinte hectáreas de viñedos propios nos que unicamente
se cultivan variedades autóctonas: treixadura, godello, albariño, loureira en canto ás castes brancas e
brencellao, caiño e sousón en canto...
More
Casal de Armán
Na actualidade Casal de Armán posúe preto de vinte hectáreas de viñedos propios nos que unicamente
se cultivan variedades autóctonas: treixadura, godello, albariño, loureira en canto ás castes brancas e
brencellao, caiño e sousón en canto ás tintas.
Os viñedos da adega atópanse todos en zonas históricas do Ribeiro do Avia (afluente do río Miño),
plantados en terrazas situadas nas ladeiras do río.
As alturas de plantación oscilan entre os 200 e os 350 metros sobre o nivel do mar.
Os chans das leiras son preferetemente de orixe granítico (areas) con algo de arxila (sábrego), aínda
que tamén conta con plantacións en chans de lousa que confiren aos viños un carácter especial.
AADEGA
Adegas Casal de Armán é un proxecto que nace a finais dos anos 90, pero que pertence á cuarta
xeración dun grupo familiar que elaborou viños no Ribeiro desde finais do século XIX.
Ilusión, traballo e paixón polo mundo do viño son os alicerces sobre os que se asenta o proxect
Less