A presenza pública de Isca,
unha organización xuvenil autónoma
A práctica política en organizacións frontistas e plurais é enormemente dificultosa por canto
moitas das organización políticas que as compoñen perden a sua autonomía para se
convertiren en...
More
A presenza pública de Isca,
unha organización xuvenil autónoma
A práctica política en organizacións frontistas e plurais é enormemente dificultosa por canto
moitas das organización políticas que as compoñen perden a sua autonomía para se
convertiren en meros grupos de presión que exercen unha sorte de governo na sombra.
A
práctica política de certos colectivos expresase en exclusividade no interior da Frente
Patriótica ou da súa organización xuvenil, e isto pode causar, e de feito causa, enormes
problemas no momento en que fins, obxectivos e campañas dos distintos colectivos e
partidos se confunden cos da organización frentista.
Deixa de ter sentido, polo tanto, a
planificación de campañas no seo de Isca para trasladar á organización xuvenil, Galiza Nova,
unha vez que esta última está formada non só por outros colectivos senón por militancia
independente que moitas veces se ve alienada da “toma real de decisións”.
A lealdade de Isca
aos principios da democracia asemblearia e partici
Less